InicioPolíticaO PSOE de Ribadeo presenta unha candidatura "renovada" para "volver estar no...

O PSOE de Ribadeo presenta unha candidatura “renovada” para “volver estar no goberno”

O ex práctico do muelle, Francisco Javier Torviso Berdeal "Quico", será o número 2 da lista, mentres que Javier Rodríguez Veiga, ex director do colexio Sagrado Corazón, irá no posto 4

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Ribadeo presentou este martes as persoas que integran a candidatura para as próximas eleccións municipais, encabezada por Marta Rey.

O ex práctico do muelle, Francisco Javier Torviso Berdeal “Quico”, será o número 2 da lista, mentres que Javier Rodríguez Veiga, ex director do colexio Sagrado Corazón, irá no posto 4. Son as principais novidades da candidatura socialista, cuxo posto 3 ocupará María José Rodríguez Arca, habitual das listaxes dos socialistas ribadenses.

Ana María Fernández Rodríguez, Justo Enrique Navarret Mon, María Teresa Pérez Sanz, Natalia Modelo Gonçalves, José Ángel Redondo Alba, César Fernández Murias, María del Carmen Díaz Ríos, Lorena Ramón Bouso José Manuel Pérez López conforman a candidatura, que completan Ramón Ángel Coto Longarela e Anca Stefanía Honcu, suplentes.

“Trátase dunha candidatura forte, sólida e interxeracional que representa aos diferentes sectores da sociedade de Ribadeo como o turismo, a educación ou o mar”, explicou a alcaldable, que situou os obxectivos da formación en “volver estar no goberno”.

SÓ REPITEN DOUS CANDIDATOS DE 2015

Rey subliñou a “renovación” do equipo, no que só repiten dous dos aspirantes ao goberno municipal nos comicios de 2015. A candidata socialista remarcou tamén a “representatividade” da lista con veciños e veciñas das parroquias de Villaselán, Santalla de Villaosende, A Devesa, Ove, Vilela Couxela, ademais de residentes no casco urbano.

“Somos un grupo de persoas que vivimos en Ribadeo, que estamos comprometidos coa nosa vila e que imos a estar a pé de rúa, escoitando as demandas dos nosos veciños e traballando por atender as súas necesidades”, remarcou.

VALORACIÓN DOS COMICIOS XERAIS

Os socialistas ribadenses destacaron que o PSOE acadou nas eleccións xerais do pasado domingo “o mellor resultado nos últimos 30 anos“. Segundo explicaron, a formación foi a máis votada en 9 das 13 mesas do municipio.

“Isto danos alento, forza e un empurrón para saír ás municipais con moita ilusión e coa esperanza de acadar uns bos resultados”, concluíron.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...