InicioPolíticaPor Viveiro busca financiamento con microcréditos para a campaña

Por Viveiro busca financiamento con microcréditos para a campaña

A formación independente asegura que devolverá o achegado aos seus mecenas "en menos dun ano" desde as eleccións municipais, "tras cobrar as correspondentes subvencións"

Publicada o

- Advertisement -

O partido independente Por Viveiro anunciou este xoves que lanza unha campaña de microcréditos para financiar a súa carreira electoral ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

A formación, que encabeza Bernardo Fraga, explica que aposta por este modelo de financiamento “claro e transparente” porque, argumenta, “malia que sería máis sinxelo solicitar un crédito dunha entidade bancaria para sufragar os gastos, queremos que Por Viveiro sexa de todos, libre e aberto a aquelas persoas que queiran colaborar con nós”.

Fraga expón que o importe íntegro dos microcréditos será devolto, “nun prazo máximo de doce meses” desde os comicios locais, “unha vez cobradas as correspondentes subvencións”.

INFORMACIÓN

O partido independente informa a todos aqueles que desexen colaborar co financiamento da campaña electoral no enderezo electrónico xviveiro@gmail.com. As bases tamén están expostas no Facebook e no Instagram da formación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...