Udival presenta a candidatura coa que regresa tras catro anos

A formación resalta que é un grupo "con diversas sensibilidades políticas" e un "común obxectivo" de mellorar a calidade de vida no Valadouro

Candidatura de Udival. AXM

Unión Democrática Independiente de O Valadouro (Udival) volve tras catro anos ao panorama político local co liderado de María José Fernández, que encabezará a candidatura ás eleccións municipais.

A formación indepentende asegura que concorre aos comicios locais “cun grupo heteroxéneo, feito que o enriquece pois, a diferencia do que sucede nos partidos nos que a ideoloxía común é a súa base da súa formación, nós temos diversas ideas políticas e o que nos une é o obxetivo de mellorar a calidade de vida do noso pobo”.

“Nun grupo independente, argumenta a formación, “as ambicións persoais déixanse a un lado, pois indo neste tipo de formacións non se pode lograr nada para nós mesmos porque non existe un partido que nos poida compensar pola nosa labor. A única compensación que ambicionamos, e coa nosa postura queda ben claro, é a do traballo ben feito e o recoñecemento dese traballo por parte da veciñanza”.

PEDRO PAZ, NÚMERO 2

“No período anterior quedaron obxectivos por cumprir que agora están acompañados de proxectos novos polo que esperamos que os nosos conveciños reciban o noso regreso con gañas e ilusión”, conclúe Udival. O ex edil do PSdeG-PSOE Pedro Paz será o número 2 da candidatura, que podes consultar ao completo neste enlace. Candidaturas presentadas municipais 2019

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here