O Partido Popular (PP) de Viveiro presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais, unha lista que encabezará o xoeiro Óscar Rodríguez.
‘Centrados en Viveiro‘ será o lema da lista, que forma, segundo os conservadores, “un equipo leal e comprometido no que están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio”, aseguran.
Óscar Rodríguez Blanco, José Soto Martínez, Teresa Pérez Rodríguez, Inma Nespereira Domínguez, Javier Teijeiro López, Antonio Lage Seara, Alicia Meitín Cordido, Vicente Vázquez Chao, Belén Corral Mera, David Piñeiro Rey, Valentín Mera Sánchez, Elena González Eijo, Magud Lara Aranda, Juan José Quelle Fra, María Luisa Soto Vázquez, Jaime de Olano Vela, Marta Pérez Lage, Felipe López Fernández, Carlos Martínez Fernández e Mariña Gueimunde González forman a lista.
PROGRAMA
Rodríguez avanza que os populares están a ultimar o programa co que concorrerán ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que darán a coñecer nos vindeiros días. “Non vai ser un programa con promesas como o dos outros partidos, senón un contrato que imos asinar cos cidadáns e que nos comprometemos a cumprir”, subliña.