‘Centrados en Viveiro’, o lema do PP para as eleccións municipais

Os conservadores presentan un equipo "leal e comprometido" no que "están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio"

Candidatura do PP de Viveiro. AXM

Partido Popular (PP) de Viveiro presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais, unha lista que encabezará o xoeiro Óscar Rodríguez

Centrados en Viveiro‘ será o lema da lista, que forma, segundo os conservadores, “un equipo leal e comprometido no que están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio”, aseguran.

Óscar Rodríguez Blanco, José Soto MartínezTeresa Pérez RodríguezInma Nespereira DomínguezJavier Teijeiro LópezAntonio Lage SearaAlicia Meitín CordidoVicente Vázquez ChaoBelén Corral MeraDavid Piñeiro ReyValentín Mera SánchezElena González EijoMagud Lara ArandaJuan José Quelle FraMaría Luisa Soto VázquezJaime de Olano VelaMarta Pérez LageFelipe López FernándezCarlos Martínez FernándezMariña Gueimunde González forman a lista.

PROGRAMA

Rodríguez avanza que os populares están a ultimar o programa co que concorrerán ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que darán a coñecer nos vindeiros días. “Non vai ser un programa con promesas como o dos outros partidos, senón un contrato que imos asinar cos cidadáns e que nos comprometemos a cumprir”, subliña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here