InicioPolíticaO BNG de Viveiro reivindica na presentación da súa lista os 40...

O BNG de Viveiro reivindica na presentación da súa lista os 40 anos do nacionalismo galego no municipio

Miriam Bermúdez encabeza unha candidatura "coas ideas claras" do "modelo de concello" que precisa o municipio

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións locais do 26 de maio, unha lista que encabezará Miriam Bermúdez. O acto incluíu un repaso dos últimos 40 anos do nacionalismo galego no municipio.

A candidata nacionalista agradeceu “aos que foran os nosos concelleiros Paco Luis, Ignacio, César, Carlos e Mitas todo este grande legado que nos deixades e que acabamos de rememorar nesta pequena exposición“.

“É un orgullo e tamén unha grande responsabilidade para as persoas que decidimos dar un paso adiante contar co aval do inmenso traballo desenvolto polo nacionalismo en Viveiro ao longo da súa historia, e podemos asegurarvos que imos facer todo o que estea nas nosas mans para preservar este legado durante outros 40 anos máis”, argumentou.

CANDIDATURA

Bermúdez asegurou sobre a lista que “temos un equipo de persoas formadas, activas e amplamente capacitadas, que combinan experiencia, solvencia, e xuventude e que teñen as ideas claras do modelo de concello que precisamos para Viveiro”.

A candidata nacionalista aspira a formar “un goberno formado con persoas con autoridade para facerse escoitar ante as administracións que nos teñen vetados investimentos fundamentais para o desenvolvemento económico e social do noso concello”.

Bermúdez estará a acompañada do enxeñeiro de camiños Severino Salgueiro Rodríguez; da empregada da dministración local Gloria Rouco Llanderrozas; do traballador de Alcoa Iván Pena Muras; da auxiliar de enfermería Iria Cotelo Cociña; do mestre Xosé Luis Ramallal; da docente xubilada Xulia Canoura Díaz; da estudante María Carballal Febreiro; do capataz forestal xubilado Santiago López Chao; e das estudantes María Simón Cundíns e Tania Monteagudo Bermúdez.

Néstor Varela GarcíaCarmén López GarcíaPilar Ferro CerdeirasEva Eijo Vázquez; Miguel Búa FernándezCésar Naval ParaparSara Fernández MuradosXosé Antonio Goás Basanta; e Francisco Luis Rodríguez Guerreiro completan a lista.

tamén incluíu un repaso dos últimos 40 anos do nacionalismo galego en Viveiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...