A deputada autonómica e concelleira en Lugo Encarna Amigo será a número 2 do PP de Trabada

Pechará a candidatura dos conservadores José Manuel Yanes Ginzo, ex alcalde trabadense

Candidatura do PP de Trabada. AXM

José María Fernández Vázquez presentou a candidatura coa que aspira a que Trabada volva a ser un concello gobernado polo Partido Popular (PP). Nove persoas conforman a lista dos conservadores, na que repiten só catro dos membros de 2015. Pechará o equipo conservador José Manuel Yanes Ginzo, ex alcalde trabadense.

Temos unha poboación moi avellentada, o que nos debe levar a ter unhas políticas sociais e de dependencia moi fortes e a implicarnos como xa o estivo a facer a Xunta de Galicia, que investiu case un millón de euros máis que ten de presuposto o noso concello”, argumentou.

PROGRAMA

Fernández adianta que o programa co que concorren aos comicios do día 26 é semellante ao de hai catro anos, xa que “non se fixo nada do que presentábamos nós”. Outro dos temais centrais é, explica, o deporte, a fin de dotar a Trabada “dunhas instalacións axeitadas, pois o ximnasio está moi desatendido e anticuado”. Polo tanto, “comprométome con seriedade a cumprir o programa ao igual que se comprometeu a Xunta comigo”, dixo.

CANDIDATOS

Encarna Amigo Díaz (médico e deputada autonómica), Juana María Rodríguez Maseda (perruqueira), Ángel Fernández Fernández (empregado do sector forestal), Francisco Rodríguez Gasalla (empregado dunha asesoría), Juan Manuel Carbajales Valea (gandeiro), Manuel Varela Fernández (xubilado), Juan Francisco López Prieto (empregado) e Yanes Ginzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here