InicioPolíticaO PP aposta pola continuidade para "revalidar a maioría absoluta" en Xove

O PP aposta pola continuidade para “revalidar a maioría absoluta” en Xove

Demetrio Salgueiro encabeza a lista conservadora seguido de tres edís, Ana Abad, Dolores Meitín e Cristina Iglesias

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Xove anunciou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Demetrio Salgueiro, cabeza de lista dos conservadores, optará á reelección como alcalde. 

A candidatura coa que o PP opta a “revalidar e superar a maioría absoluta” coa que gobernou nas anteriores lexislaturas é continuista. Os catro primeiros postos da lista están ocupados por membros do actual goberno, e persoas “con moita preparación e experiencia en asuntos vitais para o municipio, como a Economía, os Servizos Sociais, o traballo entre administracións ou o deporte”.

Son o economista Demetrio Salgueiro; Ana Abad, psicóloga; Dolores Meitín, licenciada en ciencias políticas e da administración;  e Cristina Iglesias, licenciada en ciencias do deporte.

Rubén Sánchez Villarquide, traballador de Alcoa; Cecilia Duarte Fernández, técnico superior en administración; Manuel Ángel Meitín Rouco, empregado de Alcoa; Leandro Quelle Franco, prexubilado de Alcoa e presidente da asociación A Medela; Pilar Cociña Sánchez, ama de casa; José Manuel Dayán Mariño, empresario; e Amabilia Vázquez Díaz, traballadora da residencia de maiores, completan os once primeiros postos.

Os suplentes son Rosario Balseiro López, administrativa; José Manuel Balseiro Canoura, operario de Alcoa; Josefa Pena Pastor, operario municipal; Juan Carlos García Castro, empregado dunha auxiliar de Alcoa; e Andrés Prieto Muriel, xubilado de Alcoa.

DESTACAN A “CANTIDADE” E “CALIDADE” DOS SERVIZOS

Desde o PP xovense argumentan que “a conxunción de formación e experiencia, así como a ilusión e ganas de traballar de todos os seus integrantes, fan que a do Partido Popular sexa a única candidatura das que se presentan ás eleccións locais que pode aportar ó Concello un traballo serio e riguroso“.

Os conservadores afirman que o municipio “é un referente a nivel económico, social e en cantidade e calidade dos servizos que se prestan á veciñanza, así como unha garantía de mellora de infraestructuras, asuntos nos que se ben traballando intensamente nos últimos anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...