InicioPolíticaA alcaldesa de Viveiro volverá ser deputada provincial

A alcaldesa de Viveiro volverá ser deputada provincial

María Loureiro deixou a Deputación en maio de 2016 por ser acusada de prevaricación administrativa, unha imputación da que foi absolta

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo en funcións, Darío Campos, anunciou este venres que a rexedora socialista de Viveiro, María Loureiro, volverá á corporación provincial como deputada despois de que en maio de 2016 deixase este órgano por ser acusada de prevaricación administrativa, do cal posteriormente sería absolta.

Así o expresou Campos na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu goberno. Así, asegurou que xa houbo “reunións” cos socialistas da Mariña Lucense e a zona de montaña para a conformación do grupo do PSOE na corporación provincial.

Deste xeito, adiantou que repetirá, ademais del mesmo e da rexedora de Viveiro, o actual vicepresidente da Deputación en funcións e alcalde tamén da Fonsagrada tamén en funcións, Argelio Fernández Queipo.

NEGOCIACIÓNS CO BNG

Sobre as conversas co BNG para armar o goberno provincial volveu insistir en que se producirán unha vez teñan decididos os deputados provinciais. “Primeiro imos formar equipo e despois xa falaremos”, resolveu Campos.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...