InicioPolíticaO PSOE afea ao alcalde de Riotorto convocar un pleno trala investidura...

O PSOE afea ao alcalde de Riotorto convocar un pleno trala investidura para “cobrar xa” a retribución

O PSdeG-PSOE de Riotorto asegura que o salario do rexedor, o popular Clemente Iglesias, aumentará "200 euros ao mes"

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Riotorto, José García Freije, denunciou este venres que o alcalde electo, o popular Clemente Iglesias, convocou un pleno para o sábado, a continuación da sesión plenaria de investidura, no que “na orde do día só vén recollido un único punto: as retribucións da corporación municipal”.

Os socialistas critican “a rapidez” do rexedor para aprobar “o salario do Concello, que superará os 3.000 euros ao mes”.

García Freije subliña que “o señor Iglesias demostra, unha vez máis, que o único que lle preocupa do Concello de Riotorto é cobrar canto antes a dedicación exclusiva, uns 36.000 euros ao ano. Pero non lle importa baixar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) aos veciños ou mellorar o servizo de recollida de lixo municipal. Iso non, pois manifestouno reiteradamente no pasado mandato rexeitando as nosas propostas”, argumenta.

O CONCELLO, “UN CHIRINGUITO”

O dirixente socialista asegura que a única “urxencia” do pleno convocado é aprobar unhas retribucións do rexedor que, asegura García Freije, “aumentarán 200 euros ao mes con respecto á anterior lexislatura”.

Con estas actuacións, o Partido Popular evidencia que só queren manterse no poder para fins persoais e non para buscar o beneficio dos cidadáns. Para eles o Concello de Riotorto é un chiringuito máis”, censura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...