InicioPolíticaCandia cobrará 17.300 euros en Mondoñedo por asumir a nova área de...

Candia cobrará 17.300 euros en Mondoñedo por asumir a nova área de Maior e Turismo

María Ángeles Rodríguez Rico, edil de Facenda e Benestar, e José Otero Rejes, de Obras, tamén percibirán unha dedicación parcial

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Mondoñedo celebrou este luns o pleno de organización do mandato que vén de comezar, no que se aprobou -cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG-PSOE e BNG– a creación de dúas novas concellerías -a área do Maior e a de Participación Cidadá, Asociacionismo e Camiño de Santiago– tres dedicacións parciais de 17.300 euros brutos anuais cada unha en 14 pagas.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, asumirá a concellería do Maior e a de Turismo e Patrimonio Inmaterial.

A rexedora, presidenta do PP lucense, que no anterior mandato percibiu unha dedicación parcial como deputada provincial, cobrará unha retribución por levar estas áreas. Por agora non está confirmada a súa presenza no organismo provincial en representación dos populares da Mariña Lucense, aínda semella o máis probable.

REPARTO DE ÁREAS

Manuel Ángel Otero Legilde, primeiro tenente de alcalde, será concelleiro de Persoal, Medio Ambiente e Medio Rural.

María Ángeles Rodríguez Rico, edil de Facenda e de Benestar, exercerá ademais como voceira do Goberno. Percibirá unha dedicación parcial.

José Otero Rejes, concelleiro de Obras, Servizos e Rehabilitación, desfrutará dunha dedicación parcial, ao igual que no anterior mandato. Manuel Tapia Rivera será o edil de Deportes e Promoción Económica.

Alberto García Fernández, levará as áreas de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías. Patricia Otero Doural será a concelleira de Participación Cidadá, Asociacionismo e Camiño de Santiago. Finalmente, Beatriz Meilán Rego exercerá como edil de Igualdade, Conciliación e Xuventude.

ASPIRA A “REBAIXAR O IBI”

Candia asegura que un dos obxectivos máis inmediatos para este mandato será “revisar os valores do IBI, que se atopan desaxustados“, e acometer de maneira urxente o encargo dun informe ao servizo de Intervención “para que nos dea a alternativa admisible de rebaixa ou eliminación da plusvalía”.

A rexedora explica que se chegou a unha situación económica no Concello que permite unha revisión dos impostos locais, o que “previsiblemente permitirá unha rebaixa dos mesmos. Desde a nosa chegada ao Goberno local rebaixamos o que puidemos (taxas, IBI no rural, IBI para quen cree emprego), pero agora imos intentar acometer unha revisión máis ampla que chegue a todos os mindonienses”, sostén.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...