InicioPolíticaA Deputación mellora tres estradas en Lourenzá

A Deputación mellora tres estradas en Lourenzá

O entre provincial investirá 63.500 euros en mellorar a LU-P-2801, a LU-P-2803 e a LU-P-2805

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo financia a mellora de tres estradas de titularidade provincial no municipio de Lourenzá. En concreto, a LU-P-2801, a LU-P-2803 e a LU-P-2805 serán as vías afectadas, e o ente provincial investirá un total de 63.500 euros para acondicionar un treito de 2,2 quilómetros.

Na LU-P-2801 traballarase no tramo que vai de Santo Tomé a San Adriano, entre os puntos 0,400 ao 0,960. Esta é a principal vía de comunicación para a zona, que une estas dúas parroquias. A obra beneficiará a uns 1.000 veciños que viven na zona, segundo o ente provincial. 

No tocante á LU-P-2803, mellorarase o treito que media entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,750, de San Tomé a Lindín, no concello de Mondoñedo

Por último, acondicionaranse 950 metros da LU-P-2805, no treito que vai de Santo Tomé a Santa María Maior, outra estrada que comunica os municipios laurentino e mindoniense.

As actuacións consistirán no rehabilitación do firme con aglomerado en quente e na limpeza de cunetas. Tamén se favorecerá a seguridade vial, coa instalación e renovación da sinalización horizontal e vertical.

O presidente da Deputación, Darío Campos, visitou as obras coa alcaldesa laurentina, Rocío López. Campos destacou que as actuacións serven para “atender as necesidades dos veciños e, sobre todo, mellorar a súa calidade de vida cunhas óptimas infraestruturas viarias independentemente de onde vivan”. A rexedora resaltou a “implicación” do goberno provincial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...