InicioPolíticaA Pontenova aprobará dúas dedicacións exclusivas, pero o alcalde non terá retribución

A Pontenova aprobará dúas dedicacións exclusivas, pero o alcalde non terá retribución

Isabel Couto, a tenente de alcalde, asumirá tarefas a tempo completo cun leve incremento no seu salario, mentres que Francisco Martínez continuará a cobrar o mesmo importe

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova celebrará este xoves o pleno organizativo no que se fixarán as competencias de cada edil do goberno local así como as dedicacións e retribucións que percibirán.

A terceira lexislatura con Darío Campos á fronte do consistorio comezará sen grandes cambios malia que a situación do reelixido alcalde pontenovés mudou nas últimas semanas, nas que se confirmou que non repetirá como presidente da Deputación de Lugo nin como deputado provincial.

50.000 EUROS BRUTOS EN DOUS SALARIOS

A proposta que o grupo municipal socialista presentará ao pleno recolle unha dedicación exclusiva de 35.000 euros brutos –a mesma cantidade ca na anterior lexislatura– para o edil Francisco Martínez, que mantería as competencias de Persoal, Obras e Urbanismo, e continuaría como segundo Tenente de Alcalde.

Isabel Couto tamén seguiría xestionando a área de Benestar Social e exercendo como primeira Tenente de Alcalde. Ademais, recoñeceríaselle unha dedicación exclusiva -tiña unha parcial- retribuída con 15.000 euros brutos, un lixeiro aumento con respecto ao anterior mandato, pois percibía 13.347.

Campos, que ata a constitución do novo goberno provincial mantén a condición de presidente en funcións, “non tería en principio retribución”. O socialista mantivo que “cumprirá o contrato de catro anos” que asinou coas veciñas e veciños do concello.

UN CONCELLEIRO MÁIS

No executivo pontenovés repetirían Ana Belén Quintela, que mantería a área de Promoción Económica; Francisco Rois, que volvería xestionar Medio Ambiente e Industria; Jesús Cabodevila, de novo en Deportes, Ocio e Tempo Libre; e Manuel Alonso, que se ocuparía de Cultura e Turismo.

Ademais, incorporaríase ao goberno local, Tomás Meilán, que obtivo a oitava acta socialista co reforzo da maioría absoluta lograda nos comicios locais. O novo edil tería delegadas as competencias de Participación Cidadá.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...