O Concello de Cervo aumentou nun dez por cento as subvencións para clubs deportivos do municipio. Así, o goberno local investirá 37.000 euros en financiar as actividades de oito entidades.
Os equipos beneficiados son os seguintes: S. D. Candelaria, Club Deportivo San Ciprián, S. D. Cervo Sargadelos, Club de Tiro con Arco ladovi, Club Medela MTB, Club de Tenis de Mesa San Ciprián, Club Limosa Surf e Club Náutico Amigos del Mar.
O alcalde cervense, Alfonso Villares, xustificou este incremento na “labor fundamental que desenvolven estes clubs de xeito altruísta, promovendo a práctica do deporte ao longo de todo o ano. Trátase dun traballo polo que debemos de estar agradecidos”.