Cervo aumenta nun 10% as axudas a entidades deportivas

O Concello financiará con 37.000 euros as actividades de oito clubs do municipio

Xuntanza coas entidades deportivas do concello de Cervo. AXM

O Concello de Cervo aumentou nun dez por cento as subvencións para clubs deportivos do municipio. Así, o goberno local investirá 37.000 euros en financiar as actividades de oito entidades.

Os equipos beneficiados son os seguintes: S. D. Candelaria, Club Deportivo San Ciprián, S. D. Cervo Sargadelos, Club de Tiro con Arco ladovi, Club Medela MTB, Club de Tenis de Mesa San Ciprián, Club Limosa Surf e Club Náutico Amigos del Mar.

O alcalde cervense, Alfonso Villares, xustificou este incremento na “labor fundamental que desenvolven estes clubs de xeito altruísta, promovendo a práctica do deporte ao longo de todo o ano. Trátase dun traballo polo que debemos de estar agradecidos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here