InicioPolíticaCervo crea unha área de ecoloxía e potenciará a de patrimonio

Cervo crea unha área de ecoloxía e potenciará a de patrimonio

Denise Galán ocuparase dunha delegación que pretende afondar na "concienciación medioambiental", mentres que Dolores García Caramés asumirá as competencias na segunda

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo expuxo este venres as novas áreas de goberno do executivo resultante das eleccións locais celebradas o pasado 26 de maio.

O alcalde, o popular Alfonso Villares, será o encargado das diferentes delegacións. A tenente de alcalde, Dolores García Caramés, levará Facenda, Educación, Cultura e Patrimonio. O pleno de organización será o xoves.

Manuela Méndez ocuparase das áreas de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, Sanidade e Policía Local.

David Rodríguez Pernas responsabilizarase de Deportes, Turismo e Formación e Emprego serán responsabilidade

Alfredo Fernández Casas ostentará as competencias en Réxime Interior, Zona Rural e Protección Civil.

Denise Galán encargarase de Xuventude e Ecoloxía. Esta última é a principal novidade no tocante ás delegacións municipais, xa que se crea para este mandato.

Finalmente, Pilar Armada será a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

CAMPAÑAS DE VOLUNTARIADO

Villares subliña que a área específica de Ecoloxía servirá para “reforzar a política de concienciación ambiental. Incidiremos especialmente en buscar a complicidade e a implicación da veciñanza a través de diferentes campañas de voluntariado enfocadas ao fomento da reciclaxe ou ao benestar animal”, expón.

Esta delegación tamén engloba a continuación do plan de reforestación con autóctonas nos montes municipais ou as campañas de compostaxe doméstica.

CREADA NA PASADA LEXISLATURA

O rexedor destaca tamén que a área de Patrimonio, creada no ecuador da pasada lexislatura, “seguirá a ter un peso determinante”. García Caramés collerá o relevo de Alfredo Fernández como responsable desta delegación. Neste senso, destaca “a posta en marcha do centro de emprendemento de Sargadelos ou os pasos dados para a posta en valor do castro da Atalaia”.

GARCÍA CARAMÉS, PRIMEIRA TENENTE DE ALCALDE

García Caramés será a primeira tenente de alcalde, mentres que Pilar Armada exercerá como segunda tenente de alcalde, sendo o terceiro posto para Denise Galán.

DEDICACIÓNS

Polo de agora, o goberno local cervense non adianta as dedicacións coas que contará no vindeiro mandato. Na pasada lexislatura houbo unha exclusiva, a do rexedor, e tres parciais

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...