InicioPolíticaMónica Freire Rancaño, edil en Ribadeo, será a deputada do BNG pola...

Mónica Freire Rancaño, edil en Ribadeo, será a deputada do BNG pola Mariña

Ten 39 anos e é natural da Pontenova, onde foi candidata á alcaldía pola formación frontista en 2011 e 2015

Publicada o

- Advertisement -

Mónica Freire Rancaño, concelleira en Ribadeo, será a deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) polo Partido Xudicial de Mondoñedo. Así o aprobou a formación frontista nunha asemblea celebrada este xoves en Foz.

Freire Rancaño, terceira tenente de alcalde de Ribadeo, terá no presente mandato as competencias en servizos sociais e obras. Presentouse por primeira vez aos comicios locais co BNG ribadense o pasado 26 de maio.

Antes, a deputada do BNG foi candidata nacionalista á alcaldía da Pontenova en 2011 e 2015. Traballa no centro de experimentación e investigación agraria Pedro Murias de Vilaframil.

SUPLENTES

A proposta aprobada pola militancia inclúe ao concelleiro focego Francisco Xavier Fanego como primeiro suplente, con Rocío López Pacio (da Pastoriza) en segundo lugar e o edil burelao Mario Pillado na terceira suplencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...