InicioPolíticaA edil do PSOE do Valadouro culpa a Chao de romper o...

A edil do PSOE do Valadouro culpa a Chao de romper o bipartito por “buscar o seu interese”

Fina Geada asegura que "non é problema" dos socialistas que o líder dos nacionalistas "non tivese clara a súa dedicación" pola súa situación laboral

Publicada o

- Advertisement -

A edil socialista do Valadouro Fina Geada negou ser responsable da abrupta ruptura do goberno de coalición entre PSdeG-PSOE e BNG, semanas despois da investidura de Edmundo Maseda como alcalde.

Os concelleiros do BNG atribuíron a fin do pacto ao posicionamento de Geada que, segundo explicaron, “o día antes do pleno de investidura” lles manifestou “que se ía abster na votación das dedicacións”.

A concelleira socialista -número 2 da candidatura- explicou a súa decisión nun cambio sobre o acordado neste punto que, segundo di, incluía “unha retribución de 30.000 euros para cada formación política, con dúas dedicacións exclusivas, unha para Eduardo Chao e outra para a alcaldía, máis dúas dedicacións parciais”.

“Por motivos que a nós non nos interesan, a dedicación de Eduardo Chao pasou ao 50% da xornada. Foi cando eu lles anunciei que non estaba de acordo por considerar que non se pode cobrar o mesmo por unha dedicación completa que por unha do 50%“, argumentou a edil.

O líder dos nacionalistas, sostén Geada, “non tiña nada claro a súa dedicación porque estaba aínda a negociar coa súa empresa. Iso non era o noso problema. Quen propiciou a ruptura?”, preguntou.

15.000 EUROS POR FORMACIÓN

Geada tamén se referiu á proposta do BNG para rebaixar as retribucións a 15.000 euros por cada formación política.

“Nós non puidemos pronunciarnos sequera sobre esa proposta, que foi de última hora e colgando o teléfono“, apuntou a concelleira que afirmou ser a última en conversar con Chao antes de consumarse a ruptura.

“QUE CONTEN A VERDADE”

A edil socialista extendeu a súa crítica ao traballo municipal dos concelleiros do BNG aos que acusa de desatender as súas funcións.

Geada esixiu aos nacionalistas “que conten a verdade” e non “distorsionen” as causas do conflito “para quedar ben diante dos veciños. Saben moi ben que meteron a pata, que soamente ían polos seus propios intereses e non polos dos veciños do Valadouro. Aquí estamos voluntariamente para traballar pola veciñanza”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...