InicioPolíticaO BNG de Barreiros denuncia "o abandono" da zona turística

O BNG de Barreiros denuncia “o abandono” da zona turística

Os nacionalistas cren que se está a dar mala imaxe aos turistas e aseguran que falta "promoción" do concello

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Barreiros denuncia que “a zona turística está absolutamente abandonada. Os paseos marítimos parece que están sendo sachados, máis ca desbrozados. Os parques infantís e zonas recreativas están rozados, pero inmersos na herba que os tapa. O lixo acumúlase a carón dos contedores, hai baños de praias destrozados desde hai máis de dous meses”, asegura a voceira, Ana Ermida.

O grupo municipal do BNG considera que Barreiros está a dar mala imaxe a unha semana do mes de xullo, e considera que o goberno local carece de iniciativa para dar impulso turístico ao municipio. “Se é isto o que van ver as persoas que nos visitan, non nos extraña que teñan unha oficina de turismo parcialmente atendida en horario de oficina e que non se realice ningún tipo de actividade de promoción turística que poida beneficiar ao noso concello”, sinala Ermida.

Baño destrozado. AXM

INTERIOR

Os nacionalistas advirten de que tamén hai problemas sen solucionar no interior do municipio. “No último pleno reiteramos a existencia dun vertedoiro incontrolado na parroquia da Rilleira, cara a Gondán. A realidade é que semanas despois segue sen facerse ningún traballo ao respecto. Ademais, acumúlase lixo de todo tipo que é un polvorín en época de lumes”, lamentan.

Por todo isto, desde o BNG esixen ao goberno municipal “que se poña a traballar” e que deixe de “pagar favores a determinadas empresas que enchen os petos a costa do cartos de todos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...