Arias acusa á xestora do PSdG-PSOE lucense de “comprar” apoios para Otero

O alcalde de Castroverde sostén que o secretario de organización está a condicionar o voto en "agrupacións pequenas" ás que "promete cargos" na Deputación

Xosé María Arias Fernández, candidato a dirixir a agrupación provincial do PSdG | Galicia 24 horas

EFE. O alcalde de Castroverde e candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de LugoXosé María Arias, arremeteu duramente contra o presidente da xestora que se fixo coas rendas do partido tras a renuncia de Álvaro Santos, o secretario de Organización José Antonio Quiroga, a quen acusa de “comprar” apoios en favor da deputada mariñá Patricia Otero, a outra candidata ao cargo.

Arias acúsao de utilizar artimañas e de non respectar a “neutralidade” neste proceso. Segundo el, ten “probas” de que se están tentando “comprar” apoios a favor da deputada, ex edil en Burela.

ACUSACIÓNS DE “FALTA DE NEUTRALIDADE”

En declaracións a EFE, o alcalde de Castroverde asegurou que está “un pouco cabreado” por todo o que está a suceder neste proceso. Segundo o seu criterio, é o propio Quiroga quen “tutela” a Otero, de modo que non está a exercer “a arbitraxe” que lle correspondería “con neutralidade”.

Desde o seu punto de vista, o que está a suceder é algo “inédito”. “Este señor, que tería que ser neutral” está mesmo “tentando comprar” as “agrupacións pequenas” coa promesa “de cargos na Deputación”, tanto de “asesores, como de libre designación ou como cargos de confianza”. Máis información en Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here