InicioPolíticaA nacionalista Mónica Freire xestionará Medio Rural e Mar na Deputación

A nacionalista Mónica Freire xestionará Medio Rural e Mar na Deputación

Este martes celebrouse o pleno organizativo do novo executivo provincial, no que se aprobou por unanimidade unha estrutura con trece áreas de xestión

Publicada o

- Advertisement -

A corporación provincial aprobou por unanimidade no pleno extraordinario deste martes a organización que rexerá o funcionamento da Deputación de Lugo nos vindeiros catro anos.

O novo executivo contará con tres deputadas mariñás, as socialistas Mayra García Bermúdez e María Loureiro e a nacionalista Mónica Freire Rancaño.

Como adiantou o PSdG-PSOE a pasada semana, a alcaldesa de Trabada seguirá a xestionar a área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas mentras que a rexedora de Viveiro se fará cargo da delegación de Muller e Igualdade, de nova creación.

A deputada do BNG, edil en Ribadeo, encargarase da área de Medio Rural e Mar.

Pleno provincial celebrado este martes. AXM

DEDICACIÓNS

Ademais das responsabilidades organizativas do goberno, que contará con 13 áreas de xestión, o pleno aprobou as retribucións dos integrantes da corporación.

Ademais das dedicacións do presidente, José Tome, e da vicepresidenta, Maite Ferreiro, asignáronse outras sete dedicacións exclusivas e catro parciais -dúas do 50 por cento e outras dúas do 75 para os integrantes do executivo.

O Grupo Provincial do Partido Popular, no que a alcaldesa mindoniense Elena Candia repite como voceira, contará con tres liberacións totais e unha parcial. Podes ler a noticia completa en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...