O BNG levará ao Parlamento o “abandono” da vía Ferreira-Landrove

Os nacionalistas aseguran que a estrada ten "puntos negros" malia "as demandas veciñais"

Concentración do BNG en Chavín. AXM

A deputada autonómica do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Olalla Rodil levará ao Parlamento Galego unha moción para “demandar á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a adopción de medidas urxentes para acondicionar a LU-161 (Ferreira do Valadouro-Landrove)”, unha estrada que, denuncia o BNG, “é perigosa e está en condicións de abandono”.

Integrantes do partido nacionalista concentráronse este sábado en Chavín para protestar polo estado dunha vía que “segue a ter puntos negros por erradicar” malia “as constantes demandas feitas pola veciñanza”.

CONECTA A MARIÑA OCCIDENTAL E CENTRAL

O BNG resalta que a LU-161 é “unha das principais vía de conexión dos viveirenses coa Mariña Central e un vial moi utilizado polos profesionais do transporte de mercancías e a veciñanza dos concellos de Viveiro, Ourol, O Valadouro e Mondoñedo, entre outros, da bisbarra”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here