O concello de Alfoz conta desde este luns cun novo aparcadoiro de autocaravanas. A instalación está situada na parroquia de San Pedro de Mor, a carón do parque municipal, o campo de fútbol e o campo da festa. Conta cunha extensión de preto dunha hectárea e ten capacidade para 40 caravanas.
O aparcadoiro conta con servizos de auga, luz e xestión de verquidos. A área foi deseñada cun afán de facilitar a súa estancia ás familias. Os nenos poderán desfrutar da proximidade da piscina e o parque, dunha zona de descanso coa sombra dos castiñeiros e de aparellos para facer exercicios ximnásticos.
a área CONtará con SERVIZOS DE AUGA, LUZ E XESTIÓN DE VERQUIDOS e está situada preto do parque e a piscina
“IMPULSO PARA O TURISMO E O RURAL”
A Deputación de Lugo financiará a obra, cun orzamento de 36.000 euros, en terreos que achega o Concello. O deputado de relacións institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o alcalde, o socialista Jorge Val, inauguraron a instalación este luns, á que asistiu tamén o tenente de alcalde alfocense, Xabier Pardiñas.
Santos Ramos destacou que a nova área suporá “un impulso para o turismo da zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”. Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste concello mariñao”.
Val, pola súa banda, agradeceu a “colaboración” do ente provincial “en proxectos que buscan pór en valor o noso territorio, aproveitando as características propias das que dispomos, nunha clara aposta pola defensa do rural”.