InicioPolíticaRibadeo rebaixa o prezo das casas de Bispo Veres e divide a...

Ribadeo rebaixa o prezo das casas de Bispo Veres e divide a súa venta

O concello subasta os edificios contiguos por un custo de saída de 50.000 e 75.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello sacou de novo a poxa dúas casas contiguas, de propiedade municipal, situadas na rúa Bispo Veres. Coa intención de atopar comprador, o goberno local baixa o prezo de saída e admite que a compra poda realizarse por lotes. O custo do primeiro dos inmobles, situado no número 2, partirá de 50.199 euros, IVE incluído, mentres que o segundo, no número 4, sairá por 75.248 euros.

O Concello buscou aos propietarios dos edificios para que asumisen as obrigas de conservación dos inmobles, en estado de ruína e situados no casco histórico. Ao non atopalos, inmatriculou as dúas casas -cunha superficie total de 700 metros– e decidiu subastalas no pasado mes de marzo, como lote único e cun prezo de saída de 150.000 euros. Agora, o goberno local rebaixa as esixencias para facilitar a venta a alguén que os reconstrúa de acordo coa normativa de Patrimonio.

Os interesados teñen vinte días naturais para presentar as súas ofertas. O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, anima “a todas aquelas persoas que así o queiran que formulen as súas ofertas, ou se queren ver o expediente que veñan ás oficinas xerais do Concello de Ribadeo, onde se lles dará toda a información necesaria”.

LICITADO O SANEAMENTO DE MEIRENGOS

O Concello sacou a licitación o saneamento e conexión coa rede xeral en Meirengos, na parroquia da Devesa. O investimento será de 13.577 euros, con fondos do Plan Único da Deputación de Lugo. O prazo de execución das obras será dun mes.

Suárez Barcia sinalou que o Concello bota en falta axuda da Xunta de Galicia. “Os usuarios de auga e saneamento do concello ingresamos 400.000 euros ao ano, sen que nada diso retorne aos ribadenses”, asegurou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...