InicioPolíticaRibadeo pide ao novo ministro de Fomento iluminación para a Ponte dos...

Ribadeo pide ao novo ministro de Fomento iluminación para a Ponte dos Santos

Suárez Barcia afirma que a obra beneficiaría "a ciclistas, peregrinos e veciños" do concello ribadense e de Castropol

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, enviou unha carta ao novo ministro de Fomento, José Luis Ávalos, para que dote de iluminación á Ponte dos Santos.

O rexedor asegura que a actuación é “necesaria por cuestións de seguridade, de dignidade e de sentido común”, e precisa que se beneficiarían do alumeado “peóns, ciclistas, peregrinos, que cada vez veñen en maior número, e tamén os veciños dunha e doutra banda da ría de Ribadeo”. Suárez Barcia indica que “nin o ancho da beiravía, uns 80 centímetros, nin a disposición das reixas cumpren medida legal algunha”.

“SITUACIÓN CAPRICHOSA”

O alcalde lembra que hai dous municipios, Ribadeo e Castropol, que se beneficiarían dunha actuación “de baixo impacto económico”. O primeiro edil ribadense resalta que os dous concellos, que adoptaron no 2015 acordos unánimes para reclamar o servizo, padecen “unha situación arbitraria e caprichosa por mor dos anteriores responsables do ministerio”.

Nós non podemos asumir custes de infraestruturas que non son da nosa titularidade, agás que os responsables deleguen expresamente esta competencia e que acompañen esa cesión do correspondente financiamento, cousa que nunca tivo lugar”, sinalou o rexedor ribadense, que entende que hai suficientes argumentos “legais e técnicos” para acometer as actuacións.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...