InicioPolíticaPiñeiro Docampo, que seguirá á fronte de CxG, pide unha lista unitaria...

Piñeiro Docampo, que seguirá á fronte de CxG, pide unha lista unitaria das “forzas galegas” para as xerais

O cervense liderará a formación, que se define como "galeguista, progresista e europeísta", durante os vindeiros tres anos

Publicada o

- Advertisement -

Compromiso por Galicia (CxG) celebrou o pasado sábado o seu terceiro Congreso Ordinario, no que acordou que o cervense Juan Carlos Piñeiro Docampoque presentou a única candidatura– continuará como secretario xeral do partido durante os vindeiros tres anos, e tamén solicitar “ás forzas políticas galegas con centro de decisión” na comunidade “o inicio urxente de conversas para conformar unha lista unitaria ás eleccións xerais”.

O partido, que se define como “galeguista, progresista e europeísta” e aprobou no encontro os textos políticos que marcarán o camiño da formación no período 2019-2022, sumouse á petición que lanzou o pasado día 21 o voceiro de En Marea, Luís Villares.

ALCOA E O BREXIT, PREOCUPACIÓNS

No tocante á situación das empresas electrointensivas, como Alcoa, CxG propón que “todas as administracións, tamén os concellos afectados, constitúan unha mesa de diálogo con axentes sociais e empresas para acadar unha solución”.

A solicitude de inclusión de CxG como membro de pleno dereito do Partido Demócrata Europeo, EDP/PDE, e a petición á Xunta de Galicia de que explore o diálogo bilateral con Escocia ante “o panorama desolador” do Brexit “para a flota pesqueira galega” son outras das dúas propostas.

RUBAL (FOZ), NA EXECUTIVA NACIONAL

No tocante á Comisión Executiva Nacional de CxG, pendente das áreas de xestión, estará formada polos seguintes membros:

  • Xoán Manuel Vázquez García (Lito) (Oza-Cesuras)
  • José Luís Calo González (Ames)
  • Andrés Núñez Rajoy (Pontevedra)
  • Daniel Lago Leirós (Vigo)
  • Óscar Casais Montemuiño (Ribeira)
  • Xavier Vázquez García (Monterroso)
  • Xosé Luís Rubal García (Foz)
  • Amparo Fernández Reboredo (Lalín)
  • Paula Rey Gómez (Carballo)
  • Estela Rodríguez Mosquera (Vigo)
  • Montse Almozara Cordeiro (Santa Comba)
  • Pilar Barreira Limia (Coles)
  • Milagros Corral Surribas (Amoeiro)
  • Eva María Rosende Domínguez (Teo)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...