O BNG de Lourenzá denuncia que a alcaldía entregou 695 resolucións o luns previo ao pleno

"Revisar case 700 documentos en menos de tres días non é viable para ninguén", lamentan os nacionalistas

Mani Vázquez, concelleira do BNG laurentino. AXM

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Lourenzá criticou ao goberno local por presentar no pasado pleno 695 resolucións da alcaldía, que “foron entregadas o luns previo” á sesión plenaria, celebrada o xoves ás 20.30 horas.

“Revisar case 700 documentos en menos de tres días non é viable para ninguén, por isto solicitamos que ditas resolucións sexan entregadas a cada concelleiro mes a mes, coincidindo coa documentación entregada das xuntas de goberno”, expoñen os nacionalistas.

681 TURISTAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO

O BNG ve “con preocupación” que desde xuño a setembro 681 persoas pasaron pola oficina de turismo municipal. Os nacionalistas resaltan que “queda moito por facer para que Lourenzá sexa un lugar atractivo aos visitantes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here