O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, mantivo unha xuntanza coa empresa Tema Grupo Consultor, que traballa para a Xunta de Galicia, para abordar melloras no servizo de autobuses.
Unha das solicitudes que o rexedor burelés realizou foi o establecemento dunha liña de autobús con saída ás 8.00 horas de Burela con destino Lugo, e que faga unha parada no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula). Actualmente hai un servizo que parte da localidade ás 6.00 horas, e o alcalde entende que de retrasalo os veciños seguirían a ter marxe para facer as súas xestións.
Outra das peticións de Llano foron conexións coa Coruña nas fins de semana. “Hai moita xente vivindo alí, estudando ou traballando, e espúxome esta preocupación de non ter liña nin os sábados nin os domingos. O rexedor burelés tamén solicitou unha conexión con Santiago os sábados.
PARADA EN ARCADIO PARDIÑAS
O alcalde de Burela tamén propuxo que haxa unha parada intermedia en Arcadio Pardiñas entre a estación de autobuses e o Hospital da Costa nos servizos de cercanías.