InicioPolíticaA Xunta investiu 238.000 euros na mellora do abastecemento de Ourol

A Xunta investiu 238.000 euros na mellora do abastecemento de Ourol

Os núcleos de Viladóniga, A Senra, Entreviñas, Pousadoiro e Bravos beneficiáronse das axudas do Fondo de Compensación ambiental

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá 237.738 euros para financiar obras de ampliación e mellora do servizo de abastecemento do concello de Ourol, así como para a adquisición de maquinaria e contratación de persoal para o servizo de protección ambiental.

En concreto, a mellora da rede de abastecemento afectou aos núcleos de Viladóniga, A Senra e Entreviñas, e realizáronse obras de reparación nos depósitos de Pousadoiro e Bravos. Con estas axudas, o Concello tamén mercou un tractor cortacéspede, un remolque, un cortasetos e un soprador de man.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que as achegas proceden do Fondo de Compensación Ambiental que xestiona a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

TERCEIRO MUNICIPIO “QUE MÁIS RECIBE”

Balseiro precisou que Ourol é o terceiro concello da provincia que máis fondos recibe da liña non competitiva do programa -tras Muras e Abadín-, en atención ao número de aeroxeradores e aos metros de instalación de conexións e vías de evacuación situados no municipio.

“REEQUILIBRIO TERRITORIAL”

O delegado territorial da Xunta destacou que o Fondo de Compensación “impulsa o reequilibrio territorial favorecendo especialmente aos municipios que acollen instalacións eólicas, que habitualmente presentan condicións orográficas especiais que dificultan outros aproveitamentos económicos”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do...

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde,...

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...