O PP de Burela critica o estado “lamentable” da Fonte da Lamela

O grupo popular burelés cre que o goberno local "centrase na imaxe" e "non se preocupa dos asuntos diarios"

Fonte da Lamela. AXM

O PP de Burela denuncia o “lamentable” estado da contorna da Fonte da Lamela, situada na Vila do Medio. Os bureleses aseguran que o espazo atópase “todo cheo de suciedade, con restos de escorrentías que non se recollen e mesmo talouse un carballo centenario de xeito agresivo e improcedente”. 

Os conservadores aseguran que “constatamos o que nos denunciaron varios veciños, indignados coa situación  da zona”.

O grupo municipal burelés cre que “o goberno municipal non é capaz de atender as cousas do día a día da vida municipal”. Neste senso, afirman que o executivo local está “centrado na imaxe e lonxe da xestión, pois non se preocupa de solucionar os asuntos diarios“. 

RÚA ROSALÍA DE CASTRO

O PP burelés solicita tamén a modificación dalgúns alcorques que están a comprimir o tronco de varias árbores na rúa Rosalía de Castro. Unha situación que, entenden os populares, débese aliviar “sen agardar demasiado”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here