InicioPolíticaCervo acolleu unha reunión da comisión de medio ambiente da FEMP

Cervo acolleu unha reunión da comisión de medio ambiente da FEMP

A federación de municipios española debatiu cuestións ecolóxicas que veñen marcadas por Europa

Publicada o

- Advertisement -

Cervo acolleu a xuntanza da comisión de medio ambiente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde cervense, o popular Alfonso Villares. Foi a primeira vez que un encontro deste tipo ten lugar en Galicia

BOLSAS DE PLÁSTICO

Un dos temas tratados na reunión foi a directiva de redución do consumo de bolsas de plástico, que fixa a obriga de cobralas. Villares avogou porque “Europa acompañe estas normas con directrices máis esixentes, como a retirada destas bolsas do mercado”.

Na xuntanza tamén se afondou nos conceptos que defende a rede de Biodiversidade, da que Cervo forma parte, e que se centra en tentar erradicar especies invasoras como a unlla de gato ou o plumeiro da pampa.

Outra das cuestións que se abordaron no encontro foi a elaboración dun manual de economía circular. Os traballos para a súa publicación están en marcha, e o volume chegará a todos os municipios do Estado, cunha finalidade pedagóxica. 

CONSUMO DE AUGA

Outro tema que se debatiu foi a directiva de auga de consumo humano, que clasificará como grandes distribuidores aos municipios de máis de 5.000 habitantes. Esta medida suporá maiores esixencias sanitarias e medioambientais. Un exemplo será a intensificación das tomas de mostras, cun incremento do custe estimado no 15%.

Finalmente, a xunta de goberno da FEMP someterá a consideración unha guía para garantir o acceso universal á auga, a través de mecanismos de cooperación como bonificacións as familias necesitadas, ou a partir da axuda de fondos de necesidade.

13 CONCELLOS REPRESENTADOS

Ademais do rexedor de Cervo, participaron na cita representantes -alcaldes ou concelleiros- de Coslada, Badajoz, Albalate de Zorita, Albuidete, San Martín de la Vega, Santa Eulària des Riu, Arnedo, Villaviciosa de Odón, Llíria, O Pino, Los Molinos e Lubián. Tamén estivo presente o subdirector de Medio Ambiente da federación de municipios española, Luis Enrique Mecati.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...