InicioPolíticaSegunda dimisión no goberno laurentino nos últimos dez meses

Segunda dimisión no goberno laurentino nos últimos dez meses

O edil de obras e segundo tenente de alcalde, Carlos Rivas, renuncia e acusa á rexedora de non ter en conta "o seu criterio"

Publicada o

- Advertisement -

O edil de obras e segundo tenente de alcalde de Lourenzá, Carlos Rivas Rivas, presentou a súa renuncia á acta de concelleiro. Trátase da segunda dimisión nos últimos dez meses no goberno local laurentino despois da marcha de Francisco Dasilva Rivas, responsable da área de deportes e festexos ata o mes de outubro do 2017.

Ao igual que sucedeu con Dasilva, que afirmou que dimitía ao considerarse un “títere” dentro do equipo de goberno, Rivas acusou á alcaldesa, a socialista Rocío López, de non ter en conta a súa “opinión” nin o seu “criterio” á hora de desenvolver o seu traballo no Concello. A súa dimisión prodúcese, do mesmo xeito, cun cruce de acusacións coa rexedora.

o ex concelleiro, que percibía unha adicación parcial, anunciou a súa intención de presentarse ás eleccións

O segundo tenente de alcalde percibía unha adicación parcial de 400 euros e afirmou a Cope de la Costa que renunciaba “por ética e para non cobrar un salario que non merezo” ao atopar atrancos para desenvolver o seu traballo. “Non hai entendemento coa alcaldesa”, espuxo Rivas, que anunciou a súa intención de presentarse á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.

Rivas, na primeira fila ao pé de López. SOCIALISTAS DE LOURENZÁ

RESPOSTA DA ALCALDESA

A alcaldesa laurentina asegura que Rivas dimite porque o equipo de goberno e a agrupación municipal socialista tiñan decidido “retirarlle a concellería de obras e someter a consideración do pleno a adicación parcial. Do seu traballo non imos opinar”, engadiu a rexedora, “pois todo o mundo sabe onde despachaba os venres, o seu día de adicación ao Concello”.

Neste senso, a situación de Rivas foi obxecto de polémica no pasado mes de xuño, cando o BNG laurentino acusou ao edil de “deixar de ir ás xuntas de goberno cando conseguiu unha media adicación”. Daquela, o executivo local defendeu a figura do segundo tenente de alcalde e edil de obras.

SUBSTITUTOS

López quixo transmitir unha “mensaxe de tranquilidade” aos veciños, “pois o goberno local seguirá traballando, cos seus acertos e os seus erros”. A rexedora anunciou que no pleno do xoves tomará posesión do cargo a concelleira que suplirá a Dasilva, e no mes de setembro, “previsiblemente, o substituto do señor Rivas”, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...