InicioPolíticaPontón cre que a situación de Alcoa é "un exemplo de libro"...

Pontón cre que a situación de Alcoa é “un exemplo de libro” do “ninguneo” de PP e PSOE á Mariña Lucense

A voceira nacional do BNG pide en Burela o voto para o 10-N para acabar "coa discriminación" da comarca, que percibe tamén nas infraestruturas ou no sector pesqueiro

Publicada o

- Advertisement -

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, fixo en Burela un chamamento a todos os galegos e galegas “desencantadas e cabreadas” cunhas forzas estatais que “xogaron co seu voto” e, ademais, “persistiron na discriminación con Galicia” a votaren nas eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro.

Un “ninguneo” que ten un “exemplo de libro” na situación que vive Alcoa por un marco enerxético aprobado polo PP e mantido polo PSOE, que ten “en vilo a toda a comarca da Mariña e ao conxunto do provincia de Lugo polo risco que implica para os 2.000 empregos que xera a planta de Cervo“, asegurou.

Non é de recibo que sendo Galicia produtora excedentaria de electricidade haxa nesta provincia 2.000 postos de traballo en xogo en Alcoa polos custes enerxéticos. Iso é responsabilidade do PP e do PSOE, os primeiros porque foron os autores dunha lexislación que nos levou a esta situación, e os segundos porque a mantiveron. Non é de estrañar se temos en conta quen se senta nos consellos de administración das eléctricas –Aznar e González-, están facéndose ricos mentres en Galicia hai miles de empregos en risco”, denunciou.

TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

Pontón foi moi crítica co PSOE, que xa prometera antes do 28-A un estatuto para as industrias electrointensivas que nunca chegou. A ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño, “tivo tempo de darse un paseo pola muralla de Lugo nestas visitas de campaña que traen a paracaidistas de Madrid, pero non dixo unha palabra dun estatuto imprescindible para salvar miles de empregos no sector industrial galego, e para o fututo da Mariña”, afirmou.

A situación de Galicia no tocante á enerxía é, segundo Pontón, “un auténtico espolio do que tamén é culpable o señorito dos Peares, -ironizou, en alusión ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo-, polo seu veto constante á tarifa eléctrica galega. Imos usar os escanos, a representación do BNG no Congreso, para defender iso: deixamos ese compromiso claro, e ninguén máis nas eleccións pode comprometerse a iso” , sostivo.

Pontón fixo referencia tamén ao déficit das infraestruturas na Mariña Lucense, en particular ferroviarias. “Todo mundo sabe da dificultade de desprazarse por tren ao longo da cornixa de Lugo cun traxecto Ribadeo-Ferrol que agoniza baixo o abandono dun Goberno central que non aposta pola modernización das vías e dos trens, que non aposta por dar un servizo de calidade, competitivo en horarios e tarifas”, aseverou.

Público no acto do BNG en Burela, na Praza de Abastos. AXM

RODIL DESTACA A UNHA COMARCA “UNIDA, VIVA”

A cabeza de lista da candidatura do BNG ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, comezou a súa intervención parabenizando o carácter reivindicativo “dunha comarca viva, unida“. “Demostrástelo infinitas veces. Mobilizándovos pola sanidade pública, contra o desmantelamento do Hospital da Costa e acompañando cada día na rúa aos traballadores de Alcoa”, lembrou.

Este domingo temos unha data importante, na que estou convencida de que todas e todos acudiremos a mobilización convocada polo comité de empresa da factoría en Viveiro. Non podemos permitir que unha factoría que depende da enerxía que producimos neste país teña 2.000 postos de traballo pendentes dun fío polo prezo da luz”, continuou Rodil, que sinalou aos que considera responsables políticos da situación.

“O PP e o PSOE. Nin unha soa persoa das catro elixidas pola provincia de Lugo ou das vintetrés elixidas no conxunto ergueu a voz nin unha soa vez para decir que calquera acordo político, calquera acordo de goberno, tiña que estar ligado ao mantemento dos postos do traballo en factorías como en Alcoa. Que defendera o dereito dos galegos e das galegas a beneficiarse da produción enerxética que temos no noso país”, apuntou.

“GALICIA DEBE MARCAR A AXENDA POLÍTICA NO ESTADO”

A decisión máis importante que temos que tomar este 10 de novembro é se queremos seguir mirando o que outros deciden por nós ou tomar as rendas da nosa propia vida. Converter Galicia nun actor da política do Estado. Como país, con voz e voto, con capacidade para intervir e condicionar os debates para situar na axenda política os nosos dereitos e intereses, os problemas que levan décadas lastrando o noso desenvolvemento”, expuxo a candidata nacionalista, que sinalou as dificultades do sector pesqueiro.

Ribadeo é un faro que ilumina a toda a Mariña, xa conquistamos Barreiros, e agora temos que seguir sumando concellos nacionalistas a esta comarca como o de Burela“, animou Rodil. O voceiro dos nacionalistas neste municipio, Mario Pillado, tamén interviu no acto, ao igual que a tamén concelleira Dori González, e mailo candidato ribadense Daniel Castro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...