Ana Belén Martínez, nova edil do PSOE en Lourenzá, toma posesión

A concelleira substitúe no grupo socialista a Francisco Dasilva, que renunciou por desavinzas coa alcaldesa

Lista do PSdeG en Lourenzá. SOCIALISTAS DE LOURENZÁ

A corporación municipal de Lourenzá celebrou este xoves unha sesión plenaria na que Ana Belén Martínez Fernández tomou posesión do cargo de concelleira. A nova edil substitúe a Francisco Dasilva, que renunciou á acta por desavinzas coa alcaldesa, a socialista Rocío López.

Segundo apuntou a alcaldesa, Carlos Rivas, ex segundo tenente de alcalde e concelleiro de obras, que presentou a súa renuncia ao longo desta semana, terá substituto no vindeiro mes de setembro. Coa súa substitución, os socialistas manterían a súa maioría absoluta con seis edís, por catro do PP e un do BNG.

Sobre a nova edil, a rexedora destacou “o seu compromiso e traballo a prol dos veciños e veciñas deste municipio”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here