InicioPolíticaAs eleccións xerais na Mariña, en cifras: 69.971 mariñaos, chamados a votar

As eleccións xerais na Mariña, en cifras: 69.971 mariñaos, chamados a votar

Catorce residentes na comarca pediron o kit que facilita o voto ás persoas con dificultades de visión

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 69.971 residentes nos 16 municipios da Mariña Lucense están chamados a votar nas eleccións xerais do vindeiro domingo, os cuartos comicios a nivel estatal nun período de duración previsto para unha lexislatura, catro anos.

Segundo os datos da Subdelegación de Goberno, Viveiro é con diferenza o municipio mariñao con maior número de electores, 14.512; non chega aos 10.000 Ribadeo (9.391) e non alcanza os 9.000 Foz (8.967), mentres que en Burela están chamadas a votar 7.228 persoas.

En Alfoz, o domingo haberá 1.945 potenciais votantes; 2.966 en Barreiros; 4.116 en Cervo; 2.517 en Lourenzá; 4.489 en Mondoñedo; 1.473 en Ourol; 1.894 no Valadouro; 1.917 no Vicedo; 2.585 na Pontenova; 1.543 en Riotorto; 1.341 en Trabada; e 3.087 en Xove.

Un total de 14 mariñaos -un en Xove, seis en Viveiro e sete en Foz- solicitaron o kit que facilita a votación a aquelas persoas con dificultades para ver. Son a inmensa maioría dos solicitantes na provincia, 17 persoas con deficiencia visual.

CATRO DEPUTADOS E CATRO SENADORES EN XOGO

Os lucenses elexirán de novo catro deputados e catro senadores que representarán á provincia de Lugo nas Cortes Xerais. Son doce as candidaturas proclamadas para o Congreso e outras once para o Senado.

A campaña rematará á medianoite, e as votacións terán lugar entre as 9.00 e as 20.00 horas.

A nivel provincial, constituiranse 538 mesas electorais para facilitar o dereito ao voto de 344.445 lucenses (277.219 residentes nalgún dos 67 concellos e 67.226 que viven no exterior), o que implicará un dispositivo de 6.359 persoas. Para constituír as mesas foron seleccionados 4.842 lucenses, entre titulares e suplentes, nos sorteos celebrados nos 67 concellos; haberá 408 locais electorais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...