InicioPolítica10-N: o PP saca peito, o PSOE cre que a incerteza de...

10-N: o PP saca peito, o PSOE cre que a incerteza de Alcoa “puído influír” e o BNG celebra a súa suba

Os tres grandes partidos tradicionais da comarca fan lecturas en clave de eleccións autonómicas dos pasados comicios xerais

Publicada o

- Advertisement -

A presidenta do Partido Popular (PP) lucense, Elena Candia, salientou que a provincia de Lugo foi “a segunda de España con maior porcentaxe de apoio” (o 38,13%) ao partido conservador, que incrementou a diferenza “do 0,4% ao 6,21% dos votos sobre a segunda forza máis votada”.

Candia subliñou que o PP lucense gañou en 51 dos 67 municipios da provincia e en “nove concellos máis” que nas pasadas eleccións xerais, no mes de abril; seis deles, na Mariña Lucense, onde invertiu a tendencia á alza dos socialistas. “Volve demostrarse que Lugo non falla ao Partido Popular”, asegurou Candia. Pola súa parte, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, afirmou que os populares están “en remontada”, cuns resultados que demostran “que Feijóo é o único líder solvente”.

PSOE

Segundo informa Efe, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recoñeceu que a difícil situación pola que están pasando dúas industrias que xeran centos de postos de traballo na provincia “puido influír” no descenso de votos que padeceu o Partido Socialista nesta circunscripción nas eleccións xerais de onte.

En declaracións aos medios de comunicación, Tomei opina que a “problemática con Alcoa e Endesa” puido influír de forma negativa na intención de voto ao Partido Socialista nas comarcas da Mariña e Terra Chá, respectivamente. Semella que así aconteceu nas Pontes, aínda que non na Mariña.

Ao seu xuízo, esa circunstancia, unida a un incremento da “abstención”, podería explicar “esa baixada duns 10.000 votos” que padeceu o Partido Socialista na provincia de Lugo en relación coa convocatoria de abril.

En todo caso, tamén quixo restarlle importancia a esa circunstancia, porque “non foi relevante para o resultado” e o Partido Socialista mantivo os mesmos deputados que conseguiu en abril, dous representantes, do mesmo xeito que o PP.

Tomé firmou que eses resultados serán analizados para sacar conclusións e preparar as eleccións autonómicas do próximo ano, especialmente para dar “resposta a esa maioría clara” de galegos que esperan un relevo á fronte da Xunta de Galicia.

BNG

Pola súa banda, a candidata número 1 do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, destacou o bo resultado no tocante aos votos da formación nacionalista galega de esquerda. “Subimos en todo o país, tamén na comarca de Lugo, e teremos representación no Congreso co vicedense Néstor Rego”, elixido pola circunscrición da Coruña, remarcou.

Pola súa banda, Ana Pontón apostou “por un Goberno progresista condicionado pola axenda galega” e asegurou que as eleccións autonómicas “serán o finiquito de Feijóo“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...