A Deputación mellorará a vía que une Cabanas e Riobarba coa capital municipal

O goberno provincial investirá 104.000 euros en acondicionar 3,5 quilómetros da LU-P-6402

Escola unitaria de Riobarba. TERRAS DE MIRANDA

A Deputación de Lugo aprobou na xunta de goberno un investimento duns 104.000 euros na mellora de 3,5 quilómetros da estrada LU-P-6402. En concreto, o ente provincial actuará no treito da vía que vai dende O Vicedona LU-P-6404– a Cruz de Pardiñeira e Cristo de PortapenaLU-P-6406-, ata o ramal á LU-P-6401.

As obras consistirán na rehabilitación do firme con aglomerado en quente e na instalación de sinalización horizontal e vertical.

O presidente da Deputación, Darío Campos, sinalou que esta intervención “mellorará as comunicacións dos máis de 150 veciños das parroquias de Santa María de Cabanas e Riobarba, xa que as conecta co núcleo urbano do Vicedo. Deste xeito, terán un traxecto máis cómodo e seguro ao centro médico, a farmacia ou a zona comercial”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here