InicioPolíticaPiñeiro Docampo promete "dar voz á pesca e ao tecido industrial" da...

Piñeiro Docampo promete “dar voz á pesca e ao tecido industrial” da Mariña en Bruxelas

O secretario xeral de CxG será elixido membro da dirección do Partido Demócrata Europeo, que conta con dez eurodeputados

Publicada o

- Advertisement -

Juan Carlos Piñeiro Docampo, natural de San Cibrao e con domicilio en Burela, actual secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG), será elixido o día 29 de novembro membro da dirección europea do PDE-EDP.

Na actualidade o PDE-EDP ten dez eurodeputados que están baixo a disciplina do grupo “renew Europe”, supoñendo para CxG “estar presentes no núcleo das decisións europeas”.

“Convértese CxG no primeiro Partido galego en ser membro de pleno dereito dun Partido Europeo, xa que non é exactamente o mesmo que os grupos do Parlamento Europeo”, resalta Piñeiro Docampo, que promete “traballar dende a dirección do PDE en beneficio de Galicia e tamén especialmente en poñer voz á Mariña Lucense. A pesca e o tecido industrial estarán presentes na miña acción en Bruxelas”, dixo Piñeiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...