InicioPolíticaO Concello de Ribadeo levará a pleno a memoria da residencia, a...

O Concello de Ribadeo levará a pleno a memoria da residencia, a consulta na rede

Durante unha quincena, os borradores das ordenanzas e regulamentos que rexerán o funcionamento do servizo ficarán expostos na sede electrónica

Publicada o

- Advertisement -

O goberno de Ribadeo levará ao pleno do vindeiro martes a aprobación da memoria social, xurídica, técnica, financieira e de xestión da residencia de maiores ribadense.

Segundo avanzou o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, esta semana celebrouse a primeira xuntanza da comisión de estudo, formada pola Deputación de Lugo e o Concello. Trala súa aprobación, a memoria estará exposta ao público durante 30 días para a presentación de alegacións.

na documentación está a forma de xestión, o rexime de funcionamento ou os requisitos económicos de acceso

Ademais, durante unha quincena a contar desde o venres, os borradores das ordenanzas e regulamentos que rexerán o funcionamento do servizo ficarán expostos na sede electrónica, na área de participación cidadá. Na documentación, que os ribadenses poden avaliar, estará incluída a forma de xestión, o rexime de funcionamento ou o rexime económico e de acceso do centro.

Suárez Barcia precisou que esta iniciativa satisfai “unha novidade lexislativa que entrou en vigor hai pouco tempo. O artigo 133 da lei 39/2015 estipula que hai que dar participación cidadá incluso en fase de borrador, antes de que se adopten acordos”.

“PREZOS ASUMIBLES”

O alcalde ribadense asegura que os principios que inspiraron o traballo do Concello e a Deputación na elaboración da memoria son “a preferencia para a xente de Ribadeo” e os “prezos asumibles, moi singularmente para quenes non teñan tantos recursos coma outros”.

PERMISO DE INICIO DE ACTIVIDADE

O rexedor explicou que “durante este verán traballaremos nos plenos coas aprobacións iniciais, coas exposicións públicas e coas aprobacións definitivas de toda esta documentación, base imprescindible para solicitar o permiso de inicio de actividade (PIA) á Xunta de Galicia”. Suárez Barcia lamenta que “o Goberno galego non puxo un peso en todo o proceso” e agarda “que non poña máis paus nas rodas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...