InicioPolíticaO Concello de Ribadeo prohíbe os peches con plásticos na Xira

O Concello de Ribadeo prohíbe os peches con plásticos na Xira

O goberno local emite un bando polo que tamén impide o uso de sofás ou colchóns, "que non se recollen ao rematar"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo emitiu un bando polo que prohíbe os peches con plásticos utilizadas polos romeiros na Xira de Santa Cruz, que se celebrará o vindeiro domingo, así como a instalacións de sofás, colchóns ou outro tipo de mobiliario

“FALTA DE CIVISMO”

O Concello resalta que nos últimos anos “preocupa a falta de civismo que se observa na celebración desta romería, e que non queremos que acabe coa orixe, propósito e significado da festa”. Así, sinala que “é unha práctica habitual que se dispoñan recintos pechados con plásticos agrícolas na área recreativa, así como toda clase de mobles, como sofás ou colchóns”.

O goberno local non permitirá ese tipo de peches, que “non fan máis ca illar á xente”, apunta. Non obstante, os asistentes si poderán marcar espazos con corda ou cinta plástica, así como dispoñer toldos ou parasoles.

Plásticos e colchóns sen recoller. AMIGOS DA GAITA

OBXECTOS QUE “NON SE RECOLLEN”

O bando do Concello expón que determinados obxectos “non acordes coa contorna dan unha mala imaxe da festa, co agravante de que practicamente nada se recolle ao rematar”. Polo tanto, tamén prohíbe a instalación de mobles. Incumprir estas normas considerarase como disposición de residuos nun lugar non autorizado.

Podes consultar o documento aquí. Bando Xira 2018

RECUPERAR A ESENCIA

Nos últimos anos, a Xira de Santa Cruz, Festa de Interese Turístico Galego que se celebra desde os anos 40, trata de recuperar a súa esencia. A asociación Amigos da Gaita Galega, agrupación que organiza a cita co Concello, prohibiu no 2013 o uso de aparatos musicais de alta potencia, a fin de recuperar a sonoridade tradicional nun evento que celebra o Día da Gaita.

PROGRAMA

Os festexos comezarán o sábado 4, con pasarrúas desde as oito da tarde e pregón a cargo de Rondeiros do Eo. Será ás 20.30 horas, no cine teatro.

Cartel do evento. AXM

O domingo, os actos comezarán ás 11.00 horas, co pasarrúas. Ás 12.00, o alumnado das escolas de Amigos da Gaita actuará no Cantón dos Moreno, desde onde se subirá a Santa Cruz. Ás seis da tarde será a ofrenda floral no monumento ao gaiteiro e desde as 18.30 horas tocarán Os Carunchos e Os da Porfía.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...