A edil burelesa Patricia Otero, nova deputada do PSdeG no Parlamento galego

A segunda tenente de alcalde de Burela substituirá a José Antonio Quiroga, que vén de ser nomeado presidente da confederación hidrográfica Miño-Sil

Patricia Otero. PSOE

A segunda tenente de alcalde de Burela, Patricia Otero Rodríguez, ocupará un escano como deputada do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeGno Parlamento galego.

Otero, avogada laboralista de profesión, substituirá nos próximos días no grupo parlamentario socialista a José Antonio Quiroga, secretario de organización do PSdeG, que vén de ser nomeado presidente da confederación hidrográfica Miño-Sil polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

RENUNCIARÁ AO CARGO

Nacida en Monforte no 1979, a edil burelesa  -responsable das áreas de servizos sociais, igualdade, mar ou economía e facenda- iniciouse na política coa vixente lexislatura. Para ser deputada na Cámara galega renunciará ao cargo.

En decembro do pasado ano presentou a súa candidatura á secretaría xeral do partido na provincia de Lugo, que finalmente gañou nas primarias Álvaro Santos Ramos.  

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here