Un ferido na A-8 en Ribadeo por unha saída de vía

Tras recibir os primeiros auxilios, a persoa mancada foi trasladada ao Hospital da Mariña

A-8 á altura de Ribadeo. GOOGLE MAPS

Un home resultou ferido este mércores nun accidente de tráfico que aconteceu na Autovía do Cantábrico (A-8), á altura do municipio de Ribadeo, sobre as 8.34 horas, momento no que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 recibiu aviso do sinistro.

Tratouse dunha saída de vía á altura do punto quilométrico 514, en sentido de circulación cara Asturias. O turismo no que viaxaba o ferido quedou enganchado no quitamedos.

O CIAE do 112 Galicia puxo en coñecemento do sinistro a Urxencias Sanitarias, Protección Civil, Bombeiros de Barreiros, Policía Local e Garda Civil, ademais dos servizos de mantemento da autovía.

Unha vez no lugar, os propios bombeiros confirmaron que as persoas afectadas eran accesibles, sen necesidade de utilizar material de excarceración. O ferido foi trasladado ao Hospital Público da Mariña despois de recibir os primeiros auxilios. En principio, o seu estado non revestía gravidade, segundo confirmou Tráfico a Efe.

Descoñécense as causas polas que o condutor perdeu o control do vehículo ata saírse da estrada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here