InicioPolíticaPSOE e BNG de Burela pechan sen acordo as negociacións para un...

PSOE e BNG de Burela pechan sen acordo as negociacións para un goberno de coalición

Os socialistas gobernarán en minoría e presentarán a súa proposta de executivo municipal o día 16, no pleno de organización

Publicada o

- Advertisement -

PSdeG-PSOE e BNG pecharon este mércores sen acordo as negociacións para un goberno de coalición en Burela, polo que os socialistas afrontarán a lexislatura cun executivo en minoría.

O número de representantes nos órganos colexiados, como a Xunta de Goberno local, e as dedicacións que terían recoñecidos ambos partidos son os principais puntos de desencontro, toda vez que ambas formacións aseguran que non houbo discrepancias no tocante ás áreas.

Trala celebración do encontro deste mércores, non haberá máis reunións entre PSdeG-PSOE e Bloque ata o pleno de organización, previsto para o día 16, e o grupo municipal nacionalista descarta a aprobación dun acordo programático. Deste xeito, os socialistas -con seis representantes na corporación- deberán chegar a pactos puntuais co Partido Popular, que conta con catro concelleiros, ou co propio BNG, que suma tres edís.

Coa abstención de PP e BNG e sen que se presentase candidato alternativo, o socialista Alfredo Llano foi investido alcalde de Burela o pasado 7 de decembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...