InicioPolíticaPP e PSOE tumban a moción do BNG e unha comisión decidirá...

PP e PSOE tumban a moción do BNG e unha comisión decidirá sobre a rúa Eijo Garay

O pleno de Burela evidenciou divisións na opinión pública sobre este tema e o controvertida que resulta a aplicación da Lei de Memoria Histórica

Publicada o

- Advertisement -

proposta presentada polo BNG para retirar o nome de Leopoldo Eijo Garay do rueiro de Burela, dados os vínculos do bispo co franquismo, xerou expectación no pleno deste xoves, con bastante público no consistorio burelés. Finalmente, a iniciativa dos nacionalistas non prosperou ao topar coa oposición de PP e PSOE

Si o fixo a moción de substitución rexistrada polo equipo de goberno, que fixo valer a súa maioría absoluta, para a creación dunha comisión para catalogar os vestixios do franquismo no municipio, na que participarán representantes dos grupos políticos e tamén un historiador e o arquitecto municipal en cuestións de asesoramento.

O pleno evidenciou o dividida que está a opinión pública nesta cuestión e o polémica que segue a resultar a revisión do franquismo e a aplicación da Lei de Memoria Histórica, 43 anos despois da fin da ditadura. 

“OS ARTÍFICES DO PORTO FORON OUTROS”

Os nacionalistas defenderon no debate que a súa proposta atendía a unha cuestión de “xustiza, liberdade e democracia” e cuestionaron as xestións que se lle atribúen ao bispo para a consecución do primeiro porto de Burela, no 1931.

os nacionalistas defenderon que “camilo fernández e josé antonio lestao foron os conseguidores do peirao”

O voceiro dos frentistas, Mario Pillado, sinalou que “o cronista de Burela, Ricardo Pena, recolleu que Camilo Fernández Díaz, expedientado no 1936 por razóns políticas, foi o verdadeiro conseguidor do pósito no 1923 e do peirao oito anos máis tarde, xunto con xente como José Antonio Lestao”.

O BNG incluíu en van unha enmenda de engádega á súa moción para que a rúa que actualmente se denomina Eijo Garay pasase a chamarse ‘Rúa das Redeiras‘, “na honra das mulleres dos mariñeiros, das que traballaron como redeiras e tamén nas conserveiras”.

“HAI QUE ESCOITAR Á XENTE DA RÚA”

A voceira do PP no pleno deste xoves, Diana Durán, sinalou que “o noso grupo pensa que temos que mirar cara o presente e o futuro” e que esta modificación “causaría problemas” aos veciños e aos negocios da rúa. Segundo o grupo municipal popular, o BNG presentou a súa moción pensando “que tiña a razón absoluta” e sen consultar á poboación. “Hai que escoitar á xente que se gaña a vida e o pan nesa vía”, insistiu.

llano afirmou QUE “NON HAI RELACIÓN DIRECTA ENTRE O recoñecemento E A DITADURA COMO OCORRE NOUTROS CASOS”

“NON HAI ACORDO NIN VAI HABELO”

Finalmente, o alcalde, o socialista Alfredo Llano, asegurou que “neste debate non hai acordo nin tampouco vai habelo”, polo que propuxo a creación da comisión “como forma de consolidar unha postura”. O rexedor sinalou que “hai que distinguir” entre “nomeamentos que tiveron unha relación directa coa vitoria do franquismo, como son os casos das rúas chamadas 18 de xullo, e outros recoñecementos, coma este, que foi un agradecemento popular”. Así, o primeiro edil avogou por ter “información” e non tomar “decisións en quente”. 

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...