InicioPolíticaO BNG de Barreiros critica a privatización do mantemento de auga

O BNG de Barreiros critica a privatización do mantemento de auga

Os nacionalistas lamentan que o goberno local quitou a concurso a conservación da rede de abastecemento a un prezo, 242.000 euros en dous anos, "que da para unha brigada municipal importante"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros denuncia que o goberno local quitou a concurso o servizo de mantemento e reparación da rede de abastecemento de auga, instalación de contadores e conexións, cun importe de 242.000 euros nun prazo de dous anos. Os nacionalistas sinalan que “esta nova privatización vén a confirmar que o único interese do Concello é que cada vez haxa máis servizos prestados por empresas privadas, sen importar o gasto nin a calidade”.

A voceira dos nacionalistas no concello, Ana Ermida, asegura que “estamos a falar de máis de 120.000 euros anuais que, ben xestionados, dan para contar con unha brigada municipal importante e que podería realizar eses traballos. Así era ata que hai uns anos comezaron a encargarse actuacións a operarios alleos ao Concello”, lembra.

O grupo municipal nacionalista advirte de que este cambio na xestión “non redundou nun mellor funcionamento. Ao contrario, o abastecemento de auga empeorou e o custe foi considerablemente superior“, sostén.

XUNTANZAS NAS PARROQUIAS

O mércores, a candidata do BNG ás eleccións municipais estará nas parroquias de Vilamar e Benquerencia para manter xuntanzas coa veciñanza e, o xoves, farao coas poboacións de Reinante e San Xusto. O vindeiro luns, reuniranse coa veciñanza de San Miguel e A Rilleira. Os horarios das reunións están previstos para as 16.00 e as 21.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...