Feijóo adianta as eleccións galegas ao 5 de abril para facelas coincidir coas vascas

Por terceira vez consecutiva, Galicia súmase ao anticipo electoral anunciado polo lehendakari

Feijóo, no Parlamento. EFE/LAVANDEIRA JR.

O presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns que adiantará as eleccións galegas ao 5 de abril de 2020. A votación será, por terceira vez consecutiva, na mesma data que os comicios autonómicos no País Vasco, decisión tomada unha vez máis despois do adianto electoral anunciado polo lehendakari, Íñigo Urkullu.

Feijóo convocou un Consello da Xunta urxente e anunciou a decisión de adiantar os comicios autonómicos a primeira hora desta tarde. Deste xeito, vascos e cataláns -o president Quim Torra tamén convocou eleccións anticipadas- condicionan de novo a axenda política galega, a rebufo da vasca e catalana. Queda, pois, menos de dous meses para que os partidos se preparen para unha cita electoral incerta. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here