InicioPolítica(AMPLIACIÓN) Candia renuncia á Deputación e á alcaldía: "sei de onde veño...

(AMPLIACIÓN) Candia renuncia á Deputación e á alcaldía: “sei de onde veño e a quen me debo”

A número 1 da lista do PP por Lugo para as eleccións autonómicas continuará como concelleira e asumirá a tenencia de alcaldía

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A presidenta provincial do Partido Popular (PP) de Lugo, Elena Candia, renunciará este luns, nun pleno extraordinario que se celebrará no Pazo de San Marcos (13.30 horas), á súa acta de deputada e, por tanto, a seguir como portavoz do grupo provincial do PP na Deputación. Antes, ás 11.30 horas, noutra sesión plenaria urxente, cederá a alcaldía de Mondoñedo a Manuel Otero, aínda que continuará na corporación mindoniense como tenente de alcalde e concelleira.

Confirmoullo a Efe a propia Candia, que encabezará a lista do Partido Popular pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas do 5 de abril.

Na Deputación de Lugo “pecho unha etapa, cun legado do que me sinto moi orgullosa”, dixo Candia, porque “hai un antes e un despois” no funcionamento da institución provincial despois do sucedido nos últimos anos. “Todo mundo se atribúe a paternidade dun instrumento de colaboración cos municipios único”, engadiu Candia, pero lembrou que “só se fixo cando non había un goberno con maioría absoluta e o que gobernaba tivo que negociar”, neste caso co Partido Popular.

Por iso, dixo que renuncia a esa responsabilidade “con serenidade”, pero tamén “con certa emoción”, porque “ninguén dubida da miña vehemencia e da paixón que poño en todo o que fago”. “Asumo este novo reto, con moita ilusión e moi convencida”, engadiu, “sen esquecer de onde veño e a quen me debo, porque creo nun proxecto político e confío nun gran líder, como é Alberto Núñez Feijóo. Ao seu xuízo, “Galicia, máis que nunca, necesita dun proxecto estable”.

CRÍTICAS DO BNG

O voceiro do BNG no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas, desexoulle sorte a Candia no terreo persoal pero criticou que a decisión de renunciar ao cargo de alcaldesa de Mondoñedo “traizoa o resultado saído das urnas fai menos dun ano ao deixar como alcalde a outro concelleiro que non se presentaba como candidato á alcaldía nas eleccións municipais do pasado mes de maio”.

Segundo Cabanas, en concellos de poucos habitantes como é o de Mondoñedo “as persoas que se presentan como cabezas de lista nas diferentes candidaturas son moi importantes á hora de que a veciñanza se decante por un ou outro partido; o mandato das veciñas e veciños de Mondoñedo foi claro para os vindeiros catro anos e neste caso non se respectou”, conclúe, lembrando que o BNG “xa aseguraba na campaña das eleccións municipais do pasado ano que a intención de Elena Candia era a de alcanzar cotas de poder máis elevadas fóra do concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...