InicioPolíticaPolémica entre o Concello e a Xunta por un acto frustrado de...

Polémica entre o Concello e a Xunta por un acto frustrado de Ethel Vázquez en Foz

A conselleira acusou de impedir a reunión ao rexedor, que afirma que o encontro, "publicitado en redes sociais polo PP" sen que o Concello "fose convidado", vulnera a lei electoral

Publicada o

- Advertisement -

En plena precampaña das eleccións autonómicas, Concello de Foz, por unha banda, e Xunta de Galicia e Partido Popular (PP), por outra, polemizaron este luns por un acto frustrado no municipio da conselleira Ethel Vázquez. O alcalde, o socialista Fran Cajoto, acusou ao Goberno autonómico de “falta de respecto institucional” e ao PP de “uso partidista” das institucións ao “non convidar” ao executivo local a un encontro para repartir chalecos reflectantes á veciñanza de Cangas, Nois e Fazouro. A titular de Infraestrutura e Mobilidade sostivo, pola súa banda, que Cajoto “impediu” a celebración da reunión e marchou cando o rexedor chegaba coas chaves para abrir as instalacións.

Cajoto criticou que “o grave disto, que con total seguridade vulnera a lei electoral, é que a convocatoria a un suposto acto da Xunta de Galicia se fai a través das redes sociais do Partido Popular de Foz, nun edificio de titularidade municipal e sen comunicarllo ao Concello nin a este alcalde. Está claro cal é a estratexia de Feijóo para as eleccións do vindeiro 5 de abril: usar as institucións públicas no beneficio do seu partido”, sostivo o rexedor.

O alcalde focego amosou a súa intención de entregarlle a Vázquez un dossier coas demandas do municipio: “o financiamento íntegro dun auditorio para Foz, o segundo concello por poboación da Mariña e o único que non dispón desta infraestrutura entre os municipios de máis de 4.000 residentes, dragaxe de urxencia en Porto Chico, execución da nova EDAR, terceira fase das beirarrúas na travesía de Cangas, mellora das interseccións na estrada Ferreira-Foz (LU-152) con carrís de apartado, aglomerado dos tramos da estrada vella, así como a sinatura dun convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para a execución dunha rotonda na intersección coa estrada N-642 na zona da Corredoira”.

ENTREGA DE CHALECOS REFLECTANTES

Segundo recolleu Cope de la Costa, para cando chegou Cajoto coas chaves, Vázquez, que levaba uns minutos agardando sen que ninguén poidese abrir o local, marchou negándose a recoller o dossier. Así, acusou ao Concello de “impedir ás institucións” celebrar o acto e de “xogar coa seguridade viaria” das persoas. Segundo expuxo, “comunicamos o venres pasado a súa celebración, coa antelación suficiente”. Pola súa banda, o edil do Partido Popular, Javier Castiñeira, argumentou que o encontro tratábase “dunha cita rutinaria” e cualificou a actitude do rexedor de “deslealdade institucional”. Ademais, acusou ao alcalde de “encargarse de evitar que os veciños non acudisen á cita”.

Cajoto lamentou a situación, sostendo que “as portas de Foz están abertas para o PP e para calquera, pero estamos vendo que se fai xogo político reiteradamente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...