InicioPolíticaViveiro debate este martes a ordenanza que restrinxirá o tráfico no casco...

Viveiro debate este martes a ordenanza que restrinxirá o tráfico no casco antigo

A normativa privilexia aos peóns e só permite o acceso aos vehículos de residentes, emerxencias, das forzas de seguridade do Estado ou de traslado de mercancías

Publicada o

- Advertisement -

A corporación de Viveiro debatirá no pleno deste martes (20.30 horas, no consistorio) a ordenanza para o regulamento do tráfico no casco antigo da cidade. A norma pretende, segundo a alcaldesa, a socialista María Loureiro, “poñer en alza o valor do centro histórico da vila e mellorar a seguridade dos viadantes”.

O máis significativo da normativa é a restricción do tráfico rodado e a prioridade dos peóns fronte aos vehículos de calquera categoría, agás aqueles que pertenzan a residentes -“o que ocorre en poucos casos”, indica a rexedora”- ou aos servizos de emerxencias e corpos e forzas de seguridade do Estado. 20180727_ordenanza regulación do tráfico no casco antigo

MEDIA HORA DE CARGA E DESCARGA

Si poderán acceder e estacionar, só durante media hora e no horario estipulado de carga e descarga, os vehículos que trasladen mercancías a establecementos ou inmobles, cun límite de peso de 3.500 quilos. Poderán facelo de 10.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 18.30 horas. O documento tamén regula o acceso para aqueles turismos e furgonetas que transporten bens para a celebración do mercado semanal de cada xoves.

De aprobarse, a ordenanza afectará ao perímetro das rúas Travesía da Mariña, Avenida de Galicia, Avenida de Cervantes, Praza Juan Donapetry, Rúa Nicolás Cora Montenegro, Avenida García Dóriga e Praza de Lugo.

DÚAS ENTRADAS, DÚAS SAÍDAS

O documento reduce a dúas as posibilidades de entrada ao casco, polas vías Margarita Pardo de Cela e Maruja Mallo; e tamén a dúas as opcións para saír do recinto histórico, polas vías Irmáns Vilar Ponte e Maruja Mallo, que serviría como acceso e saída.

A VÍA MARUJA MALLO SERÍA DE ACCESO E SAÍDA AO CASCO; ENTRARÍASE TAMÉN POR MARgarita PARDO DE CELA E SAIRÍASE POR IRMÁNS VILAR PONTE

A ordenanza tamén contempla as sancións para aqueles que incumpran a normativa. O custo das multas oscila entre os 100 euros das infraccións máis leves e os 800 euros para as máis graves, como a falsificación dos permisos ou dos documentos requeridos para acceder ás autorizacións.

ZONA DE ACTIVIDADE

O casco histórico de Viveiro é unha zona de actividade, coa celebración do mercado semanal, a presenza de numerosos comercios -tanto de hostalería como do sector téxtil ou do alimentario– e tamén dos monumentos máis representativos da localidade.

AS INFRACCIÓNS POR INCUMPRIMENTO DA NORMA OSCILAN ENTRE OS 100 E OS 800 EUROS

O PP PIDE ENGADIR “OUTRO ACCESO”

O PP de Viveiro adiantou a súa posición para o pleno deste martes. O voceiro do partido conservador no municipio, Antonio Bouza, sinala que o grupo municipal popular está “a favor do regulamento do tráfico no casco antigo e cremos que pode ser unha medida importante”.

OS POPULARES PROPORÁN QUE SE FACILITE TAMÉN A ENTRADA POLA RÚA PASTOR DÍAZ

Con todo, os populares aspiran a modificar algúns puntos da ordenanza, respecto das sancións aos infractores ou do propio regulamento da circulación. “No primeiro borrador desta ordenanza, hai un ano, contemplábanse tres saídas; a maiores das que veñen estipuladas, outra desde a Praza de Lugo pola rúa Pastor Díaz. Cremos que sería necesaria dada a presenza de moitos negocios, con traslado e recollida de mercancías”, apunta Bouza.

SANCIÓNS

Así mesmo, o PP de Viveiro quere saber “que sancións se aplicarán aos vehículos de máis de 3.500 quilos que accedan ao recinto, dado que poden danar o empedrado”. Ademais, os populares consideran excesivas algunhas multas, porque “nos tempos que corren e cos salarios que hai, 400 ou 800 euros son castigos que poden prexudicar moito aos cidadáns”.

O pp ABSTERASE SE NON SE INCLÚEN NO DOCUMENTO as súas PROPOSTAS, “PORQUE ISTO HAI QUE FACELO CON COIDADO E BEN”

Os populares adiantaron que, “tentaremos de que se inclúan estas propostas, e de non ser así, absterémonos porque cremos que sería bo darlle outra volta. Isto é algo importante e que temos que facelo con coidado e ben“, conclúe Bouza.

NON ADSCRITOS

O grupo de non adscritos, favorable tamén á restricción do tráfico, preferiu non facer pública a súa postura até o pleno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...