O Concello de Burela destinará 20.000 euros a axudas a clubs deportivos

Concederá as subvencións por concorrencia competitiva e as entidades teñen 30 días para presentar a documentación

A SD Burela gañou a pasada edición da Copa Deputación de fútbol. AXM

O Concello de Burela abriu o prazo para solicitar as axudas a entidades deportivas do municipio, que o goberno local concederá por concorrencia competitiva. Os clubs deportivos dispoñen de 30 días naturais, contados desde o martes, para presentar a documentación esixida.

INCREMENTO

O executivo municipal destinará a este fin 20.000 euros, unha cifra que “se foi incrementando desde a nosa chegada ao Concello”, subliña o concelleiro de deportes, Ramiro Fernández Rey. O edil destaca que “desde que entramos no goberno, esas axudas aumentaron de 13.000 a 20.000 euros, que consideramos que demostra o compromiso deste executivo cos clubs deportivos de Burela”.

o edil de deportes destaca que a contía das subvencións aumentou 7.000 euros desde que o psoe goberna

MÉRITOS

O edil burelés indicou que “os clubs que cumpran os requisitos para poder entrar dentro dese reparto de concorrencia competitiva por méritos, dunha maneira obxectiva. Evidentemente ao haber máis cartos supoñemos que todo o mundo terá máis posibilidades tamén de levar máis contía”, asegurou. 

Fernández Rey fixo fincapé en que “a aposta do equipo de goberno polo deporte é clara. Esperemos que todos poidan optar a estas axudas e que o reparto sexa o máis proporcional posible, que é o que pretendemos con estas bases”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here